Entrevista con María Lois Barrio, autora de Construir Galicia(s). Lugar, elecciones y política nacionalista | Trama Editorial

Entrevista con María Lois Barrio, autora de Construir Galicia(s). Lugar, elecciones y política nacionalista

María Lois Barrio é profesora na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Complutense e autora dunha tese sobre a “produción e reprodución” do nacionalismo galego desde a “perspectiva do lugar”, unha investigación de xeografía política que deu como resultado o libro Construir Galicia(s). Lugar, elecciones y política nacionalista (Trama editorial), que foi presentado a semana pasada en Fene, un dos lugares das pescudas (o outro foi Allariz) a principios da década dos dous mil.

– Lugares son, segundo o teu marco teórico, espazos aos que se asocian vivencias e vivencias ás que se asocian identidades que confiren sentido aos espazos e ás vivencias até construír unha comunidade. Por que Allariz e Fene?, por que decides estudar a construción da identidade nacionalista nestes lugares?

– Despois de desenvolver o marco teórico precisaba seleccionar estudos de caso, e o que fixen foi traballar coas porcentaxes de apoio electoral ao BNG desde 1977. Estes dous casos sobresaían polas extraordinarias porcentaxes de apoio, apoio sostido a partir das municipais de 1979. E logo eran tamén dous sitios moi diferentes en termos estruturais. Allariz era unha vila de interior cos problemas habituais do rural: avellentamento, despoboamento, falta de tecido industrial. E Fene era a periferia dunha cidade industrial marcada pola existencia do estaleiro, que determinaba desde o movemento demográfico até as decisións políticas.

Eran coma dos arquetipos de municipios absolutamente diferentes nos que atopei a variable común de apoio sostido ao BNG.

Seguir leyendo en Noticias Vigo.

Si quieres estar al día de las actividades, colecciones, propuestas, cursos, información destacada semanalmente del sector del libro y la cultura DATE DE ALTA en el Boletín semanal de Trama Editorial.¡NO TE ARREPENTIRÁS!

Si únicamente quieres recibir información de nuestras novedades. Lo puedes hacer aquí: acceder.

Copyright © 2020 Desing ComparteMedios. Desarrollo 2TeCh. Todos los derechos Reservados.

Proyecto financiado por la Dirección General del Libro, del Cómic y la lectura, Ministerio de Cultura y Deporte