Carrito

Ya me he registrado:

Recuperar contraseña

Ver tu carrito

O libro galego a intemperie. Manuel Bragado

O libro galego a intemperie. Manuel Bragado

Pasada unha década da aprobación da Lei do Libro e da Lectura de Galicia o sector do libro quedou á intemperie, abrigado pola forza dos seus lectores e lectoras e sostido pola súa dependencia do sector educativo. Pouco queda xa das intencións acuñadas nunha lei magnífica, pioneira en España, forxada co consenso do sector e dos grupos parlamentarios durante o derradeiro Goberno Fraga e aprobada (con algúns recortes significativos, como o do Instituto Rosalía de Castro para a difusión da lingua e cultura galegas no mundo) polo Goberno de coalición de Pérez Touriño. Unha lei derrogada de facto polo Goberno de Feijóo e coa que os seus tres conselleiros de Cultura (Varela, Vázquez e Rodríguez) nunca se sentiron identificados, a pesar de que o seu cumprimento fose reclamando de forma insistente polo sector como espazo de encontro institucional e de apoio profesional ao seu proceso de dixitalización e proxección internacional.

Un desinterese do equipo cultural de Feijóo pola lei de 2006 que podemos entender tanto pola súa concepción avanzada da lectura como unha competencia a desenvolver por toda a cidadanía, independentemente de cal fose a súa idade, como e sobre todo pola consideración explícita da lectura en galego e do propio sector editorial como un dos alicerces para a lingua galega, seguindo as recomendacións do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, aqueloutro espazo de consenso erradicado polos gobernos de Feijóo, sobre todo dende a aprobación do decreto para o plurilingüismo de maio de 2010, a peza angular das políticas de retroceso para a lingua e para a lectura en galego.

Seguir leyendo en Luzes.

 

Si quieres estar al día de las actividades, colecciones, propuestas, cursos, información destacada semanalmente del sector del libro y la cultura, además de disponer de ventajas y promociones DATE DE ALTA en el Boletín semanal de Trama Editorial.¡NO TE ARREPENTIRÁS!

Si únicamente quieres recibir información de nuestras novedades. Lo puedes hacer aquí: acceder.

 

“Jérôme Lindon. Mi editor” de Jean Echenoz, desde la óptica de Manuel Bragado

“Jérôme Lindon. Mi editor” de Jean Echenoz, desde la óptica de Manuel Bragado

Entre as lecturas pendentes que fixen nestes oito días de acougo estivo a do libro que o meu admirado Jean Echenoz escribu días despois do pasamento de Jérôme Lindon, o seu editor, o responsable de Les Editions de Minuit, unha das figuras máis relevantes da edición francesa da segunda metade do século XX. Un retrato sen tintes haxiográficos nin mexericadas que afonda nas relacións profesionais e humanas entre un editor veterano e un narrador a quen lle foi publicando toda a súa obra. Unha historia compartida de fracasos comerciais e éxitos literarios, de conversas amicais e algunhas outras máis ásperas.

Seguir leyendo en el blog de Manuel Bragado.

Comprar libro.

Manuel Bragado. Su opinión sobre 'La cara oculta de la edición'

Manuel Bragado. Su opinión sobre ‘La cara oculta de la edición’

Temos comentado en anotacións anteriores novidades da magnífica colección «Tipos móviles» de Trama Editorial dedicada a abordar temas de edición, libro e lectura. Como sucedera co libro sobre os almacéns de Amazon, chega tamén de Francia, o país no que máis se debate e reflexiona sobre o futuro do libro, La cara oculta de la edición, un ensaio de Martine Prosper, traballadora de Castermen e secretaria xeral de CFDT Livre-Edition, principal sindicato francés do sector. Prosper presenta un completo informe (pechado en 2011) sobre a situación do sector da edición en Francia (edición, distribución e libraría), salientando a situación de precariedade dos seus traballadores e traballadoras.

Seguir leyendo