Copyright © 2020 Desing ComparteMedios. Desarrollo 2TeCh. Todos los derechos Reservados.
Con la ayuda del

Entre as lecturas pendentes que fixen nestes oito días de acougo estivo a do libro que o meu admirado Jean Echenoz escribu días despois do pasamento de Jérôme Lindon, o seu editor, o responsable de Les Editions de Minuit, unha das figuras máis relevantes da edición francesa da segunda metade do século XX. Un retrato sen tintes haxiográficos nin mexericadas que afonda nas relacións profesionais e humanas entre un editor veterano e un narrador a quen lle foi publicando toda a súa obra. Unha historia compartida de fracasos comerciais e éxitos literarios, de conversas amicais e algunhas outras máis ásperas.
Con la ayuda del